09/12/09

XUNTA DIRECTIVA ASOCIACIÓN "MARIÑAS - BETANZOS"

O vindeiro luns 14 de decembro de 2009, ás 19.30 en convocatoria única, no Local Social de Santa Marta de Babio (Bergondo - A Coruña), celebrarase unha Xunta Directiva da Asociación "Mariñas - Betanzos", coa seguinte orde do día:
1. Aprobación se procede, da acta da sesión anterior.
2. Seguimento do Programa LEADER
2.1. Informe proxectos presentados en estudio Programa LEADER 2007-2013:
2.1.1.Medida 411: Dinamización do sector agrario e forestal
2.1.2.Medida 412: Mellora medioambiental e do contorno rural
2.1.3 Medida 413: Diversificación da ecoomía rural e mellora da calidade de vida

23/11/09

REUNIÓN MESA SECTORIAL "ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS, RECREATIVAS, DE VECIÑOS, CULTURAIS, ANPAS"

O vindeiro 01 de decembro de 2009, ás 19.00 horas terá lugar unha reunión da Mesa Sectorial de "Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais e ANPAS" no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (km. 581 - Nacional VI - Lugar de Bos, nº14 15640 Guísamo - Bergondo).

Confirmación asistencias: 981 669 541/info@marinasbetanzos.org

VER PROGRAMA.

20/11/09

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN "MARIÑAS - BETANZOS"

O vindeiro martes 24 de novembro de 2009, ás 19.30 en convocatoria única, na sede da Oficina Técnica do Programa LEADER "Mariñas - Betanzos" (San Marcos, s/n 15318 Abegondo), celebrarase unha Xunta Directiva da Asociación "Mariñas - Betanzos", coa seguinte orde do día:
1. Aprobación se procede, da acta da sesión anterior.
2. Seguimento do Programa LEADER
2.1. Informe Programa LEADER 2007-2013
2.2. Aprobación gastos de funcionamento 2010 (431A e 431B)

23/10/09

II XORNADAS DA AUGA: "AUGA, MEDIO AMBIENTE E PARTICIPACIÓN"

A Asociación “Mariñas – Betanzos” dentro do Proxecto de Cooperación “Red Espacios Ambientalmente Competitivos” e o Concello de Abegondo, dentro do Proxecto LIFE+ “Aqua Plann Project” teñen previsto organizar para os vindeiros 28 e 29 de outubro de 2009 as “II XORNADAS DA AUGA: AUGA, MEDIO AMBIENTE E PARTICIPACIÓN”.

Nestas Xornadas que se celebrarán na Aula Multimedia do Concello de Abegondo, se contará coa presenza de relatores de gran prestixio (ver tríptico), especializados en temas da auga do territorio español. Tamén se tratará a contextualización da Directiva Marco da Auga; Directiva na que está a traballar o organismo autónomo de Augas de Galicia para a súa implantación na Demarcación Galicia Costa.

“Mariñas –Betanzos” ten presentado como Grupo Coordinador o proxecto “Rede de Espazos Ambientalmente Competitivos” á convocatoria do Ministerio de Medio Rural para proxectos de Cooperación Interterritorial e Transnacional correspondente ó ano 2009, liderando o proxecto onde están asociados 13 Grupos de Acción Local das Comunidades de Asturias (3), Cantabria (1), Castela – A Mancha (1), Cataluña (1) e Galicia (7), e cun orzamento de 300.000.- euros.

Condicións de matricula: Prazas limitadas. Para matricularse é preciso realizar reserva de praza, enviando formulario de inscrición (ver tríptico), e confirmala no teléfono 981 630 618 ou no enderezo electrónico: formacion@ceida.org

MAIS INFORMACIÓN.

19/10/09

CHARLA INFORMATIVA DO PROGRAMA LEADER 2007-2013 NO CONCELLO DE CESURAS

Informase que mañán MARTES DÍA 20 DE OUTUBRO DE 2009, ás 20.30 HORAS, terá lugar unha charla informativa do Programa LEADER 2007-2013, que xestiona a Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos".

A charla será impartida polos Técnicos do Programa LEADER no SALÓN DE ACTOS DO C.E.I.P FORTE BRAGADE Soocamiño, s/n - 15391 Cesuras - A Coruña.

09/10/09

O CONCELLO DE MIÑO ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA DO PROGRAMA LEADER


O mércores día 07 de outubro de 2009, o Concello de Miño organizou unha xornada informativa do Programa LEADER 2007-2013, impartida polos técnicos do Programa que xestiona a Asociación "Mariñas - Betanzos" e dirixida ás micropemes, pemes, asociacións de veciños, culturais,... do Concello de Miño. Esta charla tivo lugar no Auditorio Municipal do Centro Social da Rúa.
Nesta mesma xornada o Equipo Técnico de "Mariñas - Betanzos" tamén deu información das liñas de axuda do Fondo Europeo de Pesca, onde o Grupo de Acción Costeira Nº2“Golfo Ártabro” xestiona o programa. Estas axudas están dirixidas a mellorar e diversificar as Comunidades Pesqueiras do ámbito territorial dos concellos de Ares, Arteixo, Bergondo, Cabanas, Cambre, Culleredo, Fene, Miño, Mugardos, Neda, Narón, Oleiros, Paderne, Pontedeume e Sada.
Na charla tamén participaron o Concelleiro responsble da Área de Benestar Social e Igualdade, D. Jesús Veiga Sabín e o Concelleiro responsable da Área de Cultura, D. Antonio Bernardo López.

06/10/09

CHARLA INFOMATIVA DO PROGRAMA LEADER NO CONCELLO DE SADA


Onte luns día 05 de outubro de 2009 tivo lugar Casa da Cultural Pintor Lloréns de Sada unha xornada informativa do Programa LEADER 2007-2013, impartida polos técnicos do Programa e dirixida ás micropemes, pemes, asociacións de veciños, culturais,... do Concello de Sada.
Nesta mesma xornada o Equipo Técnico de "Mariñas - Betanzos" tamén deu información das liñas de axuda do Fondo Europeo de Pesca, onde o Grupo de Acción Costeira Nº2“Golfo Ártabro” xestiona o programa. Estas axudas están dirixidas a mellorar e diversificar as Comunidades Pesqueiras do ámbito territorial dos concellos de Ares, Arteixo, Bergondo, Cabanas, Cambre, Culleredo, Fene, Miño, Mugardos, Neda, Narón, Oleiros, Paderne, Pontedeume e Sada.
Na charla tamén participaron o Presidente do Grupo de Acción Costeira "Golfo Ártabro", D. Andrés García Boutureira e o Concelleiro de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Sada, D. Jose Domiro Garrote Martín.